domingo, 12 de noviembre de 2017

25N: Día contra a violencia machista



Un ano máis debemos conmemorar o 25 de Novembro como o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.  Un ano máis se segue facendo necesario loitar contra esta lacra que nos debe avergoñar como sociedade.  Ademáis, como educadores debemos promover a toma de conciencia sobre este problema que afectan cada vez máis ás e aos adolescentes.

No que vai de ano, e segundo a Secretaría de Estado de Igualdade, 44 mulleres morreron a máns das súas parellas  (estatísticas oficiais ata o 10 de novembro de 2017).  Por outra banda, segundo o "Estudio de Percepción da Violencia de Xénero entre a adolescencia e xuventude"  (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2015), aínda que a nosa xuventude, nun 96% entre as mulleres e un 92% entre os homes, considera inaceptable a violencia de xénero, non todas as formas de violencia de xénero son rexeitadas por igual, nin todos os comportamentos que constitúen maltrato son identificados como tales.  A violencia de control está esaxerademente presente nas mulleres entre 16 e 19 anos.



É por iso que unha ano mais, dende as titorías imos traballar a para avanzar na toma de conciencia de que comportamentos son violencia machista, e que podemos facer cando  nos vemos inmersos nunha relación tóxica e violenta.

Así, para o traballo en titoría dende 1º a 3º ESO, imos traballar cos materiais da Campaña da Secretaria de Estado de Igualdade, Hay Salida.  Propoñemos a visualización da curta, incluída na campaña, Contraseña.  




Para 4º de ESO,  propoñemos traballar co violéntómetro, un recurso da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, que preside Marina Marroquí, despois de visualizar unha parte da entrevista que lle fixo Jordia Évole, no programa Salvados, á propia Marina Marroquí.


Todo o material para traballar en titorías, está disponible na Aula Virtual do IES Monte Carrasco / Departamento de Orientación / Acción Titorial





Ademais, o centro vai participar nos actos que organiza o Concello de Cangas, dentro da Campaña Cangas en Negro.  Neste sentido, o centro ven de sumarse á Campaña En Negro contra As ViolenciasUnha campaña para visibilizar e rexeitar calquera tipo de violencia contra as mulleres. que iniciou o Concello de Santiago de Compostela no ano 2015, á que xa se levan sumado 47 concellos e numerosas institucións, empresas, comercios,...


Outras campañas que vos poden interesar:


               



















No hay comentarios:

Publicar un comentario