martes, 28 de noviembre de 2017

IDENTIDADE DIXITAL

A Consellería de Educación ven de publicar  GUÍA DE IDENTIDADE DIXITAL, unha web na que participan case vinte profesionais de recoñecido prestixio, no ámbito da orientación educativa, das TIC, da comunicación...

Enmarcada dentro da Estratexia Galega de Convivencia (2015-2020), nesta web abórdanse as dúbidas máis comúns que, tanto familias como profesorado e mesmo o alumnado, ten ao respecto de cuestións relativas á xestión da súa identidade dixital.

Nestas pílulas de vídeo dase resposta a máis de 50 preguntas, con rigor pero cunha linguaxe clara e cercana.

Tamén podes descargar a guía de referencia, clikando na imaxe



jueves, 16 de noviembre de 2017

IKIGAI, a importancia de buscar a razón de ser

No blog OrienTapas, recóllese unha reseña de Pilar Pérez Esteve, que recomenda un artigo da psicóloga Jennifer Delgado sobre o IKIGAI, un concepto japonés que ten que ver coa "razón de ser".

Comparto con Pilar Pérez Esteve o noso papel para acompañar ao alumnado na busca do seu IKIGAI. Axudarlles a facerse as preguntas axeitadas, a ver na direción correcta, a mirarse con valentía, saír da súa zona de confort e mirar o futuro con valentía.


Fonte da imaxe:  Rincón de Psicología
Trátase dunha traducción.  O orixinal en inglés para ser este:   Toronto Star Graphic







martes, 14 de noviembre de 2017

Vídeoclip reivindicativo, SON MULLER, dun grupo de alumnas de 3º ESO


Gústanos facernos eco dun vídeoclip de 8 alumnas de 3º de ESO, Máis boas cas patacas,  do IES de Cacheiras, que ven de gañar o 1º Premio na categoría Xuvenil de II Certame da Deputación de A Coruña, Quero Cantar.

Esta canción reivindicativa da condición de ser muller é máis gratificante cando ven da mán de rapazas tan novas, pero con tanta forza.




Fonte: Youtube. Licencia Creative Commons CC BY


domingo, 12 de noviembre de 2017

25N: Día contra a violencia machista



Un ano máis debemos conmemorar o 25 de Novembro como o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.  Un ano máis se segue facendo necesario loitar contra esta lacra que nos debe avergoñar como sociedade.  Ademáis, como educadores debemos promover a toma de conciencia sobre este problema que afectan cada vez máis ás e aos adolescentes.

No que vai de ano, e segundo a Secretaría de Estado de Igualdade, 44 mulleres morreron a máns das súas parellas  (estatísticas oficiais ata o 10 de novembro de 2017).  Por outra banda, segundo o "Estudio de Percepción da Violencia de Xénero entre a adolescencia e xuventude"  (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, 2015), aínda que a nosa xuventude, nun 96% entre as mulleres e un 92% entre os homes, considera inaceptable a violencia de xénero, non todas as formas de violencia de xénero son rexeitadas por igual, nin todos os comportamentos que constitúen maltrato son identificados como tales.  A violencia de control está esaxerademente presente nas mulleres entre 16 e 19 anos.



É por iso que unha ano mais, dende as titorías imos traballar a para avanzar na toma de conciencia de que comportamentos son violencia machista, e que podemos facer cando  nos vemos inmersos nunha relación tóxica e violenta.

Así, para o traballo en titoría dende 1º a 3º ESO, imos traballar cos materiais da Campaña da Secretaria de Estado de Igualdade, Hay Salida.  Propoñemos a visualización da curta, incluída na campaña, Contraseña.  




Para 4º de ESO,  propoñemos traballar co violéntómetro, un recurso da Asociación Ilicitana contra a Violencia de Xénero, que preside Marina Marroquí, despois de visualizar unha parte da entrevista que lle fixo Jordia Évole, no programa Salvados, á propia Marina Marroquí.


Todo o material para traballar en titorías, está disponible na Aula Virtual do IES Monte Carrasco / Departamento de Orientación / Acción Titorial





Ademais, o centro vai participar nos actos que organiza o Concello de Cangas, dentro da Campaña Cangas en Negro.  Neste sentido, o centro ven de sumarse á Campaña En Negro contra As ViolenciasUnha campaña para visibilizar e rexeitar calquera tipo de violencia contra as mulleres. que iniciou o Concello de Santiago de Compostela no ano 2015, á que xa se levan sumado 47 concellos e numerosas institucións, empresas, comercios,...


Outras campañas que vos poden interesar:


               



















domingo, 1 de octubre de 2017

FAMILIAS QUE WASAPEAN EN PAZ

FAMILIAS QUE WASAPEAN EN PAZ  é unha iniciativa da Delegación Territorial de Educación en Granada, a través do Gabinete de Asesoramento en Convivencia e Igualdade, en coordinación coa área de apoio á Acción Titorial e Convivencia do Equipo Técnico Provincial de Orientación Educativa e Profesional da provincia de Granada.

É unha iniciativa que persegue mellorar a convivencia e a participación familiar nos centros, recomendando un uso adecuado dos grupos de Whatsapp nos que participan as familias do noso alumnado.

Como estamos ao inicio de curso e faremos xutanzas coas familias para presentarlles, comparto este recurso por si pode ser de utilidade para evitar situacións que dificulten a convivencia nos nosos centros.


miércoles, 6 de septiembre de 2017

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2017-18


Despois dun verán reparador, iniciamos un novo curso, pechando aínda o anterior.  Por iso deixo unha información que pode ser de utilidade para o alumnado de 4º ESO que acadou o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria na convocatoria de setembro:


⤷Se queres cursar Bacharelato debes dirixirte, coa documentación que che entregamos na Secretaria, ao instituto de Bacharelato onde fixeras a reserva de praza, para matricularte.
 
⤷Se queres cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio, debes cubrir a solicitude no asistente web https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/, imprimila, asinala e entregala por duplicado en calquera instituto onde se impartan ensinanzas de FP. A solicitude non será válida se non a entregas nun instituto.  Só poderás entregar unha solicitude onde poderás cubrir 5 peticións de centro e ciclo.

      Os prazos do proceso de admisión son os seguintes:

* Entrega de solicitudes de admisión: ata o 8 de setembro ás 13:00 h.
* Adxudicación de prazas: 20 de setembro
* Matrícula no centro adxudicado: do 20 ao 22 de setembro
 
⤷Bolsas e axudas ao estudio: lembra que se continuas estudando en ensinanzas postobrigatorias tes dereito a solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación. Debes facelo online: http://www.mecd.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2017-2018/estudios-no-universitarios.html.

      O prazo de solicitude remata o 3 de outubro de 2017.








lunes, 26 de junio de 2017

Solicitude de praza na Formación Profesional

Dende hoxe, luns 26 de xuño e ata o martes, 4 de xuño (as 13:00 h.) está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en todos os ciclos de Formación Profesional, en todos os réximes e modalidades.
Non están incluidos neste prazo os ciclos da Formación Profesional Básica, que teñen a súa propia regulación e prazos distintos  (normalmente a principios do mes de setembro)

A solicitude cubrirase mediante o asistente informático vía web.  Haberá que imprimir o impreso de solicitude, unha vez cuberto, que terá que ser entregado en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de fp.  Este impreso deberá ser entregado no prazo sinalado arriba  (antes das 13:00 h. do día 4 de xullo); sen a entrega nun centro educativo do impreso de solicitude, esta non terá validez.

Instrucións sobre como realizar a solicitude vía web

Instrucións xerais do proceso de admisión

Neste enlace atoparás toda a información sobre o proceso de admisión


Consulta aquí a oferta da fp en Galicia, en todos o réximes e modalidades, por familia profesional ou por provincia e concello.